En «Disparando aos reloxos» reflexiono sobre o artefacto político malparido polo think thank de Núñez Feijóo para evidenciar que o seu problema non é só a pésima e extravagante xestión local(ista) da creación das superdelegacións, senón a función política que, de modo contrabandeado, se lles asigna: ser, por unha banda, instrumentos de reforzamento político das deputacións gobernadas polo Partido Popular, e, por outra, funcionar como centros de contrapoder fronte ás deputacións cogobernadas polo PSdeG e o BNG. O primeiro «logro» que pode apuntarse o PPdeG é que Galiza teña, na práctica, 9 deputacións.Din que o peixe principia a empodrecer pola cabeza e a rexeneración pollítica do novo goberno faino polas superdelegacións, novo reino da discrecionalidade na asignación de recursos e bens públicos cara aos concellos amigos; unha nova axencia de políticas clientelares que unicamente será controlada polo capricho do presidente e, como se remata de ver, polas satrapías do seu partido. «Delegacións á carta» e a «política de amiguitos da alma o que vós queirades» son a innovadora fórmula de racionalización da Administración galega comprometida polo presidente Feijóo.
Sem comentários:
Enviar um comentário