Brotes verdes? «Entre os nacionalistas, CiU é o peor parado. Perde dúas décimas e, aínda que pequena, a caída arrastra á federación catalana ao seu peor resultado do ano. O BNG, pola contra, é o máis beneficiado. Tras o descalabro que acompañou á súa derrota nas galegas, sigue subindo pouco a pouco. ERC e PNV a penas se moven. Os republicanos repiten resultado e os vascos perden unha décima. As catro forzas nacionalistas repiten resultados case idénticos a xaneiro deste ano».Brotes pardos. Incapaces de atopar unha partida orzamentaria para construír un hospital pero como inquisidores sanitarios son magníficos. Pilar Farjas, sempre na vangarda, anuncia que vai estudar cancelar a gratuidade da pilula poscoital.
Brotes negros. Outro na «Contra» de La Vanguardia, Santiago Niño Becerra, autor do bestseller económico El crash del 2010, domesticándonos o animal spirit con previsións megaoptimistas outra volta reiteradas: «A mediados do 2010 é cando verdadeiramente empezará a crise, cando vexamos que as medidas que se están tomando non funcionan [...] [En 2011,] en España, un país moi dependente, a crise será durísima pola estrutura do PIB baseado no ladrillo, o turismo, o automóbil e en infraestruturas baratas xa insustentábeis. Ou hai un cambio do modelo produtivo capaz de absorber a toda esa poboación ou imos a unha taxa de paro do 30%».
Sem comentários:
Enviar um comentário