
Will Kymlicka, un dos máis afamados analistas do multiculturalismo, escribiu que «recoñecer unha lingua implica máis que a súa mera utilización. Simboliza o respecto polas persoas que a falan, a súa cultura e inclusión total na sociedade.» Esta feliz cita e outras pertinentes reflexións poden lerse en «As razóns da lingua galega», unha achega de Xaime Subiela que saíu no Grial 179. A refutación da barbarie de Subiela publícase á carón doutra do actual secretario xeral de Política Lingüística na que avoga por «afortalar o prestixio social da lingua galega e dos grupos sociais galegófonos: é dicir, avanzar no empoderamento (ing. empowerment) da lingua galega.» Poder a el agora non lle falta, agardamos a ver para que o usa.
2 comentários:
O poder usarao para pacer o que lle mandan e o mandato é claro: finiquitar o Decreto do galego. É farao.
XOsse dorrio concordo co seu parecer. Era unha consideración que tiña moito de retórica pero non deixa de ter o seu aquel que se poida facer apostolado do empoderamento necesario dos galegofalantes e uns meses despois se empregue como zapador para demoler un dos poucos e tímidos avances que se produciron para darlle voz a nosa lingua no ámbito escolar. Quen ten trato directo e amizade con Lorenzo di que milita no voluntarismo optimista, o problema é o pesimismo da razón que engorda cada día quen verdadeiramente manda en Lorenzo.
Enviar um comentário