12/05/2009

Trilos: Cousas que pasan

Manuel Portas: crónica dunha fichaxe anunciada. Si, pero tamén crónica dunha desafección máis, algo no que todos temos algo no que remoer.

5 comentários:

arume dos piñeiros disse...

Será o habitual a partir de agora?

Ian disse...

Confío en que non... :D

Se o BNG non dá endereitado a cousa haberá transferencia de lealdades electorais cara ao PSOE por «utilidade» (menos) e «desespero» (máis), pero fichaxes de ex dirixentes non creo que haxa... ao curto prazo.

Anónimo disse...

Polo visto, no proceso que levou a Portas a tomar esa decisión hai outra gran xogada estratéxica beirista http://www.reporterodigital.com/galicia/post.php/2007/03/14/nestor_rego_se_impone_a_manuel_portas_co

Adolfo disse...

En troques de utilidade eu engadiría máis a palabra comenencia, que revela mellor esas ansias que algúns teñen de estar no candieiro ao sentírense únicos e insustituíbeis. Porque a min non me vai convencer ninguén de que encontran ex-bngs no proxecto de PSOE de Paco Vázquez, Bono, Felipe, Pepiño Blanco, Méndez Romeu, Abel Caballero... Era tan sólido o seu nacionalismo e o seu esquerdismo para encontrarse con estes compañeiros de aventura por perder un envite ao poder ou por outras desavenencias? Hai xente que vai para casa á espera doutra ocasión ou o volve intentar, pero non se integra no PSOE, a non ser que o que realmente se busque sexa outra historia e outras motivacións persoais.

Ian disse...

Adolfo: efectivamente, hai tamén moita comenencias e, ao seu carón, hai utilitarismos máis ou menos engrosados polos nosos erros. Que lles vaia ben...