
A viraxe gabiloniana seguro que tamén responde a «unha necesidade social imperiosa». Cómpre non perder de vista o novo concepto. O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos avala a ilegalización de Batasuna por responder a unha «necesidade social imperiosa». Social? Política ou policial, mellor. Tanto ten, o realmente importante é o concepto NSI.
Agardamos das autoridades respostas tan contundentes como a Lei de Partidos para dar conta do voluminoso catálogo de NSI que a crise económica está facendo xermolar, desde a precarización laboral á ultrapauperización dos que xa menos tiñan; tamén, entre outras, o desemprego desbocado, o mileurismo como new way of life ou a ruína dos nosos produtores de leite.
Un reseteado democrático das nosas institucións políticas e dos medios de comunicación tamén é unha NSI; urxente, imprescindible para que, no medio de tanta confusión, non toda forma de disconformidade política radical remate por converterse nun CSI, nunha investigación policial da escea dun crime.
Sem comentários:
Enviar um comentário