Un auténtico sudoku de servilismo, adulación e sobre todo manipulación. Nas contas da noticia, un 53,7 por cento que consideran o cambio positivo ou moi positivo e hai un 20,04 (precisión milimétrica) que o xulgan negativo. No titular un plus de triunfalismo do 10 por cento. Anímense, titulen o 80 por cento valora positivamente o cambio na Xunta. Galiza Potemkin en estado puro.
Custoulles pero finalmente deron as cifras «exactas».
25/07/2009
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
7 comentários:
Non menos escandaloso que outros titulares de Xornal sobre enquisas de Quadernas/A.L. Pero xa coñecemos de que pé coxean uns e outros.
Se a vostede lle parece igual de relevante a (desgraciada)influencia dun e doutro medio, pois vale.
Mal de moitos, epidemia. Como creo como Goethe que «se me quitas as comparanzas que me queda?» váleme comparar Quardenas con Sondaxe, pero no mercado a ángula cotízase a distinto prezo que a anguía. Non me pregunte neste caso quen é a anguía e quen é a ángula. En calquera caso a min a encuesta de Sondaxe alegroume o día, cousa que nunca fixo unha de Quadernas.
Tanto ten a influencia Anónimo, eu non comparei influencias. Comparei formas de facer, no técnico e no xornalístico. E son as mesmas. Sempre será mellor o malo orixinal que unha mala copia. Aínda que eu particularmente prefiro explorar outras opcións. Un saúdo.
formas e facer no técnico e no xornalístico idénticas? De xornal e da voz? mr Caldonia... supúña-lle máis formado o sentido crítico, por deus...
Sen dúbida teño un sentido crítico fóra do común, prezado Anónimo, se cadra é tamén do sentido oposto.
Reafírmome: o tratamento xornalístico dos datos das enquisas de Quadernas para Xornal son da mesma nula catadura moral e inexistente rigor profesional tanto en Xornal como en La Voz.
Mr. Calidonia, iso xa é máis preciso... pero pode facerse extensivo a toda-las enquisas... mesmo as do cis. Agora ben, sin facer proselitismo, no caso da comparación xornal/voz... penso que non teriamos o mesmo país se o número de lectores de ambo-los dous periódicos fose a inversa... e non o digo polo peso específico na oponión que poidan ter as duas cabeceiras senón polo indicio sociolóxico que significaría tal...
Enviar um comentário