Paga a pena reproducir ese excelso apunte para saber de que tipo de lixo se trata:
O ex presidente, disposto a ser deputado polo menos até o 2011. Touriño buscou a súa propia vía para acomodarse ao rol de ex presidente e, a diferenza de predecesores como Fraga ou Laxe, que puxeron rumbo cara ao Senado ao ser desaloxados da Xunta, Touriño parece estar disposto a conservar o seu escano polo menos até o 2011 para protexer coa súa presenza aos deputados que lle foron máis fieis. Outras saídas que buscaron outros ex presidentes, como Rodríguez Ibarra, que recuperou a súa praza de profesor e botouse unha noiva, ou o caso de Ardanza, que se foi a dirixir Euskaltel tras deixar Ajuria Enea, foron descartadas por Touriño.Touriño, logo, descartou recuperar a súa praza de profesor e botarse noiva? Sentiríase máis compracido o lobby de Sabón con esta saída política-persoal do ex-presidente?
Tras a lectura da deposición do sagaz xornalista Domingos Sampedro e, unha vez superadas as náuseas, é obrigado pensar con Vitor Hugo: «É estraña a lixeireza coa que os malvados cren que todo lle sairá ben.»
Sem comentários:
Enviar um comentário