Hoxe fun ben lonxe mercar o pan. Até A Coruña. No vello solar de Cultur.gal, na zona cero da súa desfeita, unha resistencia voluntariosa montou unha nova panificadora. Alí, entre mil moletes diferentes, estaba o último que Manuel Rivas deitou no acolledor forno de Xerais: Episodios galegos. Tempos de esperpento. Bragado e Pereiro gabaron o seu arrecendo e quentura. E Rivas lembrou que o pan das nosas liberdades está feito de palabras levedadas pola imaxinación. Pan para rematar coa fame negra deixada por tanta deconstrución e subtraccionismo. Non agardei a chegar a casa, na escuridade do Castromil enceitei a bóla. Pero antes de retornar á chuvia de Compostela, houbo tempo para a música de César Morán e os poemas de Rivas.
29/11/2009
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
2 comentários:
Chovía no autobús.
Era un Castromil, non un Freire... nin un Gómez de Castro, míticas liñas que si tiñan auga corrente.
Enviar um comentário