20/11/2009

A Mesa Castelao


A véspera fíxose público que para manter os seus actuais empregos, os traballadores de La Voz de Galicia van minguar, até finais de 2011, un 3% os seus salarios, en contraprestación o editor-presidente deixará no caixón o ERE. A entrega do premio (de Rey) Fernández-Latorre é de supor que se someteu logo á rigorosa austeridade que predica o señor de Sabón e que os custes da honrosa entrega de loureiros ao socialcristián Francisco Vázquez foron pagados a escote polos podentes convidados.


Unha exhibición de poderío da eminencia convocante.
Para que non haxa dúbida de quen se senta a mesa dos poderes que convoca a Corporación Voz publicouse o censo de 196 notábeis e patricios, harmoniosamente ordenados e distribuídos en mesas bautizadas con nomes de honorábeis intelectuais galegos. Paga a pena ler a listaxe competa. Deixo só a nota dos convocados na Mesa Castelao:
Alfonso Rueda Valenzuela, conselleiro de Presidencia; Salomé Fernández-San Julián; Javier Losada, alcalde de A Coruña; María Luisa Fontana, esposa de Carlos Martínez, presidente de Ediciones Informatizadas S.A. Einsa; Manuel Fernández de Sousa, presidente de Pescanova; Salvador Fernández Moreda, presidente de la Diputación de A Coruña; Manuel Jove Capellán, presidente de Inveravante; Marta Fernández Currás, conselleira de Facenda; Xerardo Fernández Albor, ex presidente de la Xunta; y Matilde Pascual, esposa de José Luis Méndez López, director general de Caixa Galicia; Carlos Martínez; José Luis Méndez López; María Rosario Andrade, esposa de Manuel Fernández de Sousa; Fernando González Laxe, ex presidente de la Xunta.
O de Rianxo ficaría morto de alegría ante a viva representación da Galiza soberana que el soñou, abraiado perante a cristalización política do espírito republicano que o levou ao exilio e á morte lonxe da terra. Ou quizais preferise sentarse na mesa dos comedores de patacas?

2 comentários:

Nygard disse...

E que tal se sentiría o noso Guillerme na mesa Ramón Piñeiro?...

Onte botámolo en falta...

R. Loureiro disse...

Sinto chegar tarde a este post, porque Santiaguiño Rey deulle polo cu aos seus traballadores. Vai mercar a rotativa máis cara do mercado (déronme unha cifra: 25 millóns de euros) el soiño, sen participación final de El Mundo, sabedor de que aquí e agora non terá problemas para pagala. Imaxino contentos aos currantes...