31/08/2009
O editor valente
Xosé Luís Barreiro Rivas, na coda do seu eloxio das verdades reveladas polo señor Herst do Sabón, retruca o sabido «unha cousa é predicar e outra dar trigo» facendo valer a súa experiencia e sentenza: «Pódolles confirmar que en Galiza é máis difícil dicir as cousas que facelas». Aí radica a fortaleza moral do noso Herst e a esencia do seu xornalismo libre: dicir a verdade, entregarse eticamente a unha verdade cangada de riscos e perigos, máis aínda para un home que carece de medios para defender as súas opinións, desvalido e vulnerábel como o editor e presidente de La Voz de Galicia. David contra Goliath.
Barreiro Rivas ademais ten razón cando di que en Galiza é máis difícil dicir as cousas, as verdades ou as políticas necesarias, que, despois, levalas á práctica. Pero hai unha cousa aínda moito máis difícil: que La Voz de Galicia as publique, nas follas amarelas do noso Berlusconi é imposíbel publicar calquera verdade que non axude ao Partido do Poderosos. Falarán as pedras pero é practicamente imposíbel que as súas declaracións teñan reflexo no papel dos caprichos do editor valente. Á intelixencia de Barreiro Rivas cómprenlle mellores causas que aplaudir o imperio da impostura que goberna don Santiago Rey Fernández Latorre.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
6 comentários:
Na miña opinión Barreiro Rivas é unha das persoas máis lucidas que teño lido en relación á análise política do país. Teño que dicir que comparto ademáis moito do que di. Se había algo que me distanciaba del era a súa manifesta ética católica practicante...
Agora hai outro elemento máis de distanciamento...
Lamentábel, non ten máis calificativos.
Non queo insistir, o anterior comentario dixo EXACTAMENTE o que eu ía dicir verbo de Barreiro. Almas xemelgas?
Drambui
Nygard, eu tamén coincido contigo. Pero Barreiro ademais dun grande articulista é unha persoa con virtudes e defectos q o levan/levaron a cometer moitos erros (algún destes últimos poden verse nas hemerotecas e nos futuros libros de historia). Entre as primeiras -as virtudes- está o ser ben agradecido.
Barreiro sabe que hoxe en día sería un ninguén se non for pola Voz. E sabe que non é o favorito de Don Santiago (ese posto ocúpao un ser pequeno e innomeable, profesor de Constitucional), así que fai o posible por agradalo e que lle permita agasallarnos con magníficos artigos a maioría das veces.
Así como resulta penoso o artigo de Barreiro sobre o editor da Voz, o xornalista Perfecto Conde escribeu un interesante artigo no seu blog "Croques"
http://www.perfectoconde.blogspot.com/
Anónimo 1: pois a ver se imos ser irmáns sen sabelo...
Anónimo 2: Coincido. Mesmo semella que Barreiro fai o que fai non só por interese persoal senón colectivo, coñecedor do poder (e da caste) do ínclito personaxe. Pero claro, "Piñeirismo" si, pero todo ten un límite...
Gústame o de ser pequeno e innomeable, profesor de Constitucional...
Enviar um comentário