Se se quer que a nosa lingua –e todo o que con ela vai– non desapareza para o ano 2000, é indispensable establecer un circuíto co tipo de poboación que vai predominar decontado: o vilego (cidadán) de «clase media», ou «obreiro consciente», xa pouco ligado ao agro, con estudos de «formación xeral básica», con sensibilidade para os temas socio-políticos, atento ás modas e prestixios. A experiencia ata agora [é] que este tipo de home desertou en masa do galego. Se non se conquire evitar isto en diante, a causa da lingua galega –e o que con iso vai– é unha causa perdida.
Esta previsión evoca outras como a de John Berger sobre a desaparición do campesiñado en Europa por volta do ano 2005; o calendario non as certifica pero para todos é unha evidencia de que en ambos os dous casos estamos vivindo unha xenerosa prórroga e que galegofalantes e campesiños compartimos a mesma condición de sobreviventes. Zafamos da data terminal de 2000, certo, pero aquí seguimos case coa mesma formulación dese noso maldito problema e moitísimo menos tempo de reacción.
Sem comentários:
Enviar um comentário