A Núñez Feijóo pérdeo a súa condición de dobre presidente, de presidente da Xunta e de presidente do PPdeG. O primeiro está obrigado a xestionar as aspiracións máximas de Galiza, o segundo imponlle un autogoberno mínimo. O primeiro foi elixido, o segundo é quen manda. A «vía galega propia» para ser tal ten que aspirar inequivocamente a un Estatuto, competencial e financeiramente, comparábel ao de Cataluña.
A vía do PPdeG é o minimalismo e a afirmación ideolóxica de que Galiza non é nacionalista, maioritariamente. E que é Galiza, maioritariamente? Case nada grazas a ter un goberno que, ademais de mínimo e quietista, é tamén irresoluto. O sermón do pai António Vieira acáelle ben á xestión diaria da Administración Feijóo:
A peste do governo é a irresolução. Está parado o que havia de correr, está suspenso o que havia de voar, porque não atamos nem desatamos.Arrandeado polo coro que certifica a banalidade dunha mellora do autogoberno para enfrontar os auténticos retos de Galiza, aínda se lle axusta moito máis estoutro sermón, resumo do seu xeito de gobernar fachendeando do abandono das súas responsabilidades:
Nós somos o que fazemos. O que não se faz não existe. Portanto, só existimos nos dias em que fazemos. Nos dias em que não fazemos apenas duramos.Temos un goberno galego que dura moito máis do que existe. Pero lembren: «Galiza non é nacionalista, maioritariamente. E co presidente Feijóo leva camiño de non ser case nada.
1 comentário:
Que lle pregunte a Baltar, a ver que di.
Enviar um comentário