«Está xogándose un papel na historia. Se consegue endereitar o barco, será lembrado como o temoeiro das grandes reformas. Pero se non se engancha ao relanzamento, corre o risco de inmobilizar España nas lameiras dun estancamento que empardecerá tamén as luces da súa revolución social». Quen escribe é Gianni Perrelli, colaborador de L’Expresso. Grandes reformas? Revolución social? Ás veces os xornalistas gastan grandes palabras para definir realidades políticas mínimas e minimalistas. Noutrora, o propio Perrelli referiuse a España como «laboratorio social de vangarda». Hai bastante tempo que o «largocaballerismo» de Rodríguez Zapatero se diluíu en socialiberalismo.
Visto desde a Italia de Berlusconi quizais a súa política de evocacións republicanas nos poña na vangarda, mesmo é posíbel a súa evanescente xestións da continuidade podan ser exportadas como «grandes reformas» e tamén que, fronte á dereita retrógada do PP ou da CEOE, o seu cambio livián poda interpretarse como un convite á revolución social. Que o crean os italianos que len L’Expresso é unha fabulación menor de inofensivas consecuencias. Que o crean os comunicólogos da Moncloa, e o reseñen no seu boletín de prensa internacional, é un malfadado síntoma de que imos camiño de que o espellismo substitúa definitivamente o principio de realidade. Haberá que volver ler Reforma ou revolución para aclararse as ideas.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentário:
Non estaría mal ler de novo libros "vellos", pero pouco máis farán que a guía campsa se os lemos coas vellas gafas de sempre.
"Gafas" usadas polo periodista italiano (por exemplo).
Enviar um comentário